#EU_COMPOSTELA, DIFUSIÓN DA ECONOMÍA CIRCULAR E O CONSUMO RESPONSABLE
Interésache a ecoloxía?Queres ser semente para un mundo máis sostible?Cursas a ESO nun centro do concello de Santiago de Compostela?Si? Adiante! Apúntate ao desafío e demostra os teus coñecementos en economía circular na xincana virtual Conecta coa Economía Circular!
Ficha a outros compañeiros e compañeiras para participar. Os grupos deben estar conformados por un mínimo de tres persoas e un máximo de cinco.
O/a representante do grupo cubre o formulario de rexistro. Finalizado o proceso, a organización enviará un e-mail incluindo un modelo de autorización e instrucións.
As probas da xincana comezarán o mércores, 2 de novembro, ás 13:00 horas e rematarán o venres, 9 de decembro, ás 15:00 horas. Hai un total de 5 retos. Moita sorte!
Os dous equipos gañadores recibirán un vale por valor de 250€ para realizar compras nos establecementos do comercio local de Santiago de Compostela.
Podes consultar as bases completas da Xincana picando sobre este texto.