¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

#EU_COMPOSTELA, DIFUSIÓN DA ECONOMÍA CIRCULAR E O CONSUMO RESPONSABLE

A exposición Os Benfeito fan Compost_ela.

Os nenos e nenas dos centros de infantil e primaria composteláns inícianse na economía circular coa familia Benfeito. Marta, Suso, Fermín, Carmiña, Antón e Iria ensínanlle hábitos de consumo responsable e sostible a implantar no seu día a día. A reutilización de envases, o uso de bolsas de tea ou o aproveitamento de materiais para crear novos xoguetes son algunhas das ideas que traslada a exposición Os Benfeito fan Compost_ela.

A mostra vai acompañada tamén dunha acción informativa dirixida por monitores de tempo libre con coñecementos en medio ambiente.

Os Benfeito fan Compost_ela
Os Benfeito fan Compost_ela