¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

#EU_COMPOSTELA, DIFUSIÓN DA ECONOMÍA CIRCULAR E O CONSUMO RESPONSABLE

Mocidade

O mundo virtual é terreo explorado pola mocidade de Santiago de Compostela e desde aí comparten os seus intereses, curiosidades e forma de estar na vida. Con #EuCompost_ela, multiplícanse as pegadas dixitais no campo do coidado do medio ambiente.

Co concurso Conecta coa Economía Circular a través da aplicación TikTok, os mozos e mozas que residisen ou estudasen no concello, subiron á aplicación vídeos coas 4R (Reducir, Reutilizar, Reciclar e Reparar) como fío condutor. O primeiro premio, consistente nun vale de 200 euros para o comercio local compostelá, foi para Lucía García Amado, que centrou a súa proposta en como abordar a problemática da contaminación ambiental a través das 4R; o segundo, un vale de 100 euros, foi para Amira Rosón Prieto que apostou por mostrar como darlle unha segunda vida á roupa; e o terceiro, un vale de 100 euros tamén, foi para Rebeca Rey Vázquez, que abordou o impacto que está a ter o gran volume de lixo que xeramos e como podemos facerlle fronte. Descubre as pegadas de Lucía, Amira e Rebeca!

Por certo, xa coñeces a xincana Conecta coa economía circular?

Estás a tempo de participar!