Levamos a cabo unha serie de vídeos de boas prácticas arredor da economía circular e que se centran en empresas ou iniciativas compostelás que avogan pola sostibilidade nos seus procesos produtivos.
Os vídeos están protagonizados pola empresa de inserción laboral Arroupa, o Mercado de Abastos, a asociación Slow Food Compostela e o restaurante A Horta do Obradoiro.