¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

#EU_COMPOSTELA, DIFUSIÓN DA ECONOMÍA CIRCULAR E O CONSUMO RESPONSABLE

O faladoiro Arredor da economía circular.

Ante case medio centenar de asistentes, a bióloga Eva Quiroga e os actores Fran Rei e Pedro Brandariz reflexionaron sobre a economía circular no coloquio Arredor da economía circular o pasado decembro no Teatro Principal. Conducidos por Manuel Vicente, director do programa Efervesciencia da Radio Galega, mesturaron ciencia e humor para transmitirlle á veciñanza compostelá a necesidade de adoptar hábitos que contribúan ao coidado do medio e a un consumo máis consciente e responsable.

Co faladoiro fomentouse un maior coñecemento dos principios básicos desta forma de facer economía, entre os que están: a preservación e mellora do capital natural, a optimización do uso dos recursos e o fomento da eficacia do sistema.

Botando man desas accións que a xeración dos 40 leva aplicando toda a vida, de aproveitamento e de reutilización, a economía circular volve a situarse á cabeza na resposta á crise medioambiental, económica e social que estamos a vivir. Só en Europa, segundo o Parlamento Europeo, cada persoa xera unhas cinco toneladas de residuos ao ano.

O consumo local e de alimentos de tempada, a aplicación das 4R (Reducir, Reutilizar, Reciclar e Reparar).que se poden ampliar a 9R (Repensar, Rediseñar, Refabricar, Reparar, Redistribuír, Reducir Reutilizar, Reciclar e Recuperar) e 2C (Comunicar e Cooperar) ou a reducción da pegada ecolóxica e de carbono foron outros dos temas que se abordaron no faladoiro.

O faladoiro Arredor da economía circular rematou con unha reflexión sobre o valor dos actos individuais que, un tras outro, van construíndo outro xeito de vivir e consumir no que a sostibilidade é piar.