¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

#EU_COMPOSTELA, DIFUSIÓN DA ECONOMÍA CIRCULAR E O CONSUMO RESPONSABLE

Feira de economía circular e boas prácticas 

Un dos centros socioculturais máis dinámicos da cidade, o do Ensanche, acolleu a Feira de Economía Circular e Boas Prácticas. A feira comezou o venres 23, ás 17:00 e ata as 21:00 horas, e o sábado 24, de 10:30 a 14:00 horas. Dous días nos que as persoas asistentes tiveron contacto directo coa economía circular galega. 

O acto de inauguración da feira, a cargo do Concello de Santiago de Compostela e a UCGAL, contou coa presenza da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro. Esa mesma tarde, de 19:30 a 20:45 horas, celebrouse unha mesa redonda que tiña por título ‘Consumidores e marcas no marco da economía circular’. O debate congregou a Laura Lodeiros, asesora de Bodegas Lodeiros; Diego Sande Veiga, profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC); Dolores Caamaño, fundadora de Dípataca, marca téxtil galega que aposta por materiais orgánicos e reciclados; e a Javier Ramón, cofundador da firma de lentes e reloxos de madeira Livegens.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Ademais, as persoas que se achegaron á feira puideron visitar, tanto o sábado como o domingo, os diferentes postos de empresas que apostan pola economía circular como base do seu modelo de negocio. A axencia de viaxes especializada no Camiño de Santiago Tee Travel, a empresa de inserción laboral Troco Solidario dedicada á restauración de antigüidades, mobles e outros produtos; a segunda vida que lle dá aos obxectos Lía Cotón; a crianza con apego que promove Gaia Ecocrianza, a alimentación e a cosmética 100% natural pola que apostan Nela Biosense e Alloa son todo unha inspiración do traballo tan coidadoso coa contorna que se fai na nosa comunidade. Todas elas presentaron os seus proxectos no salón de actos do CSC O Ensanche o sábado de 12:30 a 13:15 horas. 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Na segunda xornada da feira tivo lugar o faladoiro científico ‘Investigación e Innovación para un futuro circular’ no que participaron Ana Rodríguez Pasandín, profesora titular da Área de Enxeñería e Infraestrutura dos Transportes na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (UDC); Gumersindo Feijoo Costa, vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC e investigador no Centro Singular CRETUS; Alba Nogueira López, catedrática de Dereito Administrativo na USC; e Érika Martínez Carreira, directora xeral da empresa Sinergias Sostenibles Resiforest. 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar